Charla comunidades de montes

A importancia das comunidades de montes como instrumentos democráticos de xestión do territorio foi o tema da charla na que participaron alumnos e alumnas do IES Pazo da Mercé.
Preparacion das xardineiras da entrada

A Escoa Infantil de Rubiós conta cunhas renovadas xardineiras , onde as nenas e nenos e as súas familias poderán desfrutar e coñecer plantas aromáticas, flores comestibles e diversidade de ornamentais.
Xornada de limpieza na fonte da Moura

A Escola Infantil de Taboexa e as familias en colaboración co Monte nace na Escola, compartiron hoxe unha xornada de conservación e limpeza da Fonte da Cabreira. Este espazo é coñecido polos máis pequenos como Fonte da Moura e xa fora obxecto de intervencións para adaptalo o seu uso como aula ó aire libre.
Obradoiro de plantas silvestres

As nenas e nenos da Escola Infantil de Taboexa desfrutaron dun paseo o longo do cal aprenderon a identificar algunhas das plantas silvestres máis características dos sendeiros galegos: pampullos, dentes de león, couselos…
Confección dunha cabana de vimbios

A natureza bríndanos moitos recursos, alimento, enerxía e materias primas entre outros. Neste obradoiro a cativada da Escola Infantil de Taboexa teceu unha cabana con vimbios, co obxectivo de que estes prendan e broten creando así unha estructura viva e cambiante.
Plantación

A Escola Infantil de Rubiós conta xa coa súa propia horta. Consta de catro bancais permanentes onde os nenos e nenas plantaron xunto as súas familias, ervillas, leitugas, allos… aprendendo así a importancia de saber producir o noso propio alimento.
Mural

O logo do proxecto O monte nace na escola, loce no muro do patio da Escola Infantil de Rubiós. Un traballo colaborativo que os máis pequenos remataron coloreando as letras, todos uns artistas!
Homenaxe as costureiras

Desplastifícate

Chalecos
