Preparacion das xardineiras da entrada

A Escoa Infantil de Rubiós conta cunhas renovadas xardineiras , onde as nenas e nenos e as súas familias poderán desfrutar e coñecer plantas aromáticas, flores comestibles e diversidade de ornamentais.

Xornada de limpieza na fonte da Moura

A Escola Infantil de Taboexa e as familias en colaboración co Monte nace na Escola, compartiron hoxe unha xornada de conservación e limpeza da Fonte da Cabreira. Este espazo é coñecido polos máis pequenos como Fonte da Moura e xa fora obxecto de intervencións para adaptalo o seu uso como aula ó aire libre.

Obradoiro de plantas silvestres

As nenas e nenos da Escola Infantil de Taboexa desfrutaron dun paseo o longo do cal aprenderon a identificar algunhas das plantas silvestres máis características dos sendeiros galegos: pampullos, dentes de león, couselos…

Confección dunha cabana de vimbios

A natureza bríndanos moitos recursos, alimento, enerxía e materias primas entre outros. Neste obradoiro a cativada da Escola Infantil de Taboexa teceu unha cabana con vimbios, co obxectivo de que estes prendan e broten creando así unha estructura viva e cambiante.

Plantación

A Escola Infantil de Rubiós conta xa coa súa propia horta. Consta de catro bancais permanentes onde os nenos e nenas plantaron xunto as súas familias, ervillas, leitugas, allos… aprendendo así a importancia de saber producir o noso propio alimento.

Mural

O logo do proxecto O monte nace na escola, loce no muro do patio da Escola Infantil de Rubiós. Un traballo colaborativo que os máis pequenos remataron coloreando as letras, todos uns artistas!