Xornada de limpieza na fonte da Moura

A Escola Infantil de Taboexa e as familias en colaboración co Monte nace na Escola, compartiron hoxe unha xornada de conservación e limpeza da Fonte da Cabreira. Este espazo é coñecido polos máis pequenos como Fonte da Moura e xa fora obxecto de intervencións para adaptalo o seu uso como aula ó aire libre.
Obradoiro de plantas silvestres

As nenas e nenos da Escola Infantil de Taboexa desfrutaron dun paseo o longo do cal aprenderon a identificar algunhas das plantas silvestres máis características dos sendeiros galegos: pampullos, dentes de león, couselos…
Confección dunha cabana de vimbios

A natureza bríndanos moitos recursos, alimento, enerxía e materias primas entre outros. Neste obradoiro a cativada da Escola Infantil de Taboexa teceu unha cabana con vimbios, co obxectivo de que estes prendan e broten creando así unha estructura viva e cambiante.
Obradoiro de plantas silvestres

As flores silvestres sedúcennos con esa feitura perfecta e fermosísma, arquitectura botánica eficaz e necesaria pra a vida, elas preguntan, profe,como se chamaesta flor,e a profe non sabe moitas, pero procura axuda e é cando chega Alejandra e acompáñanos á Fonte da Moura, e xa mesmo ao saír topamos a bolsa do pastor, pola costa […]
Entrega de máscaras, EEI Taboexa
