Roteiro, O monte nace na escola

PROXECTO O MONTE NA ESCOLA“PLANTAS COMESTIBLES NO NOSO ENTORNO” 

Os Alumnos do ciclo de Panadería, Repostería e Confitería participaron esta semana no proxecto: “O Monte na escola” actividade coordinada polo Concello das Neves e que ten como directora do proxecto a Alejandra González.

O fundamento deste  traballo colaborativo consiste en ofrecer aos alumnos da rama de Industrias alimentarias, neste caso ao Ciclo de Panadería, a oportunidade de observar, identificar, interactuar coas plantas comestibles do noso entorno.  Dende a escola parécenos importante iniciar aos nosos alumnos e futuros profesionais da gastronomía na toma de conciencia sobre a preservación das plantas, como parte do noso patrimonio natural, culinario, cultural, científico, histórico, artístico e turístico; xerar inquietudes vinculadas co espazo social e natural do noso entorno rural.

Concretamos os Obxectivos do proxecto como:

Coñecer as características das plantas comestibles do noso entorno para poder aplicalas na medida do posible nas elaboracións culinarias que elaboramos no noso traballo profesional gastronómico, aportando a nosa formación á incorporación de novos sabores, aplicacións na decoración e estética dos platos e aporte nutricional.

Dar a coñecer aos alumnos unha fonte de entretenimento saudable na recolección e un maior aprecio polo medio ambiente.

Destacamos como contidos conceptuais e procedementais: 

1-.Identificación.

2-.Sistema de clasificación.

3-.Normas a seguir para a recolleita.

4-.Formas de conservación.

5-.Estudo do empleo culinario.

Importantes tamén os contidos actitudinais: Crecemento e desenvolvemento óptimo das cualidades organolépticas : visual, auditiva, táctil e olfactiva.

Respeto e valoración pola diversidade e organización do ambiente. Aproveitaremos o roteiro para retirar basura do entorno que visitemos.Reflexión sobre o realizado.Traballo colaborativo nun ambiente social e natural.  

TEMPORALIDADE DO PROXECTO.

1ª SESIÓN: LUNS 22 DE MARZO (9:15 a 10:15). Tivemos unha charla introductoria para coñecer o proxecto liderado pola directora do proxecto: Alejandra González.

2ª SESIÓN XOVES 25 DE MARZO )(9: 10 a 14:30)Disfrutamos co “Roteiro da búsqueda de plantas comestibles” e visitamos o Hotel da natureza Nande,liderado pola directora do proxecto: Alejandra González.

3ª SESIÓN VENRES 26. OBRADOIRO DE COCIÑA CON PLANTAS COMESTIBLES: Traballamos coas plantas recolectadas elaborando platos diversos tanto doces como salgados:

Crema de “collejas, extrugas, borraja e cabaza”.

Hamburguesa de extrugas e pan vegano.

Tortilla de maruxa e chourizo.

Tortitas de mentrasto e calabacín.

Ensalada con vinagreta de trébol e flores de viborera, extruga morta e queixo de cabra.

Empanada de llantén, borraja e atún, brazo de gitano recheo de crema de fiuncho, e pan de millo con caldo de extrugas e fiuncho.

En conclusións decir que foi unha bocanada de aire fresco e de ledicia poder disfrutar nestes momentos que vivimos esta actividade que de seguro non esqueceremos polo ben aproveitada e disfrutada!

A Galiña Azul

Desplastifícate

Os máis pequenos do concello participaron dun obradoiro de elaboración de axóuxeres con materiais reciclados. É unha actividade realizada dentro do programa Desplástificate para concienciar

Ler máis
CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

Plantacion froitos vermellos

As nenas e nenos do centro participaron nun obradoiro de transformación dun espazo infrautilizado do patio escolar, nun xardín comestible. Este xardín está composto de

Ler máis
IES Pazo da Mercé

Plantación 19 novembro

O departamento de bioloxía do IES Pazo da Mercé elaborou un mapa botánico, incluíndo especies do monte galego e adaptadas ás características do solo da

Ler máis