Bo día!
Desde Voluntariado As Neves poñémosnos en contacto con vós para fixar as actividades a desenrolar neste curso 2021/2022 , dentro do programa “O monte nace na escola “ financiado pola conta “As Neves Zona 0.
As actividades propostas para este son as seguintes:
-Recreos sin residuos:
Este actividade pretende implicar á toda a comunidade educativa na redución dos residuos xenerados coas merendas que as nenas e nenos consumen durante o recreo.
Para isto queremos comezar eliminando os envoltorios de bocatas, galletas froita etc. E, para conseguilo,o programa donará ao centro portabocatas reutilizables, para todos os nenos e nenas de primaria, e bolsas reutilizables para educación infantil. É misión do centro fomentar o uso destes envoltorios e ir descartando progresivamente o uso de plásticos, papel de aluminio, etc.
A elaboración de todo este material correu a cargo de voluntarias costureiras das Neves, o que cremos engade ao proxecto un valor especial,pola colaboración entre as veciñas e os centros escolares.
Esta actividade enmarcase dentro do programa de Teachers for future, ao que é imprescindible adherirse para poder realizala, podedes consultar as condicións no seguinte enlace.
https://teachersforfuturespain.org/que-hacemos/recreos-residuo-cero/
Unha vez adheridos a “Recreos residuos cero”, Alejandra realizará unha xornada no cole, onde se fará entrega do material e se lle explicará ás nenas e nenos os fins que queremos conseguir e que beneficios nos reportará a todos, sempre con charlas ou actividades adaptadas a cada idade.
Esta actividade debe realizarse no primeiro trimestre, para lograr unha consolidación do uso dos materiais reutilizables ao longo do curso.
-Guardiáns de sementes:
Actividade na que se pretende recuperar , coidar e poñer en valor sementes autóctonas do noso territorio,que pola chegada de especies foráneas foron desaparecendo co paso do tempo. A nosa proposta é recuperar o millo corvo.
-Traballo na horta:
Actividade na que pretende continuar a xa iniciada no curso pasado, coa que se pretende ensinar ás nenos e nenas os coidados básicos das plantas coa intención de crear un vínculo entre eles e a natureza, de modo que se fagan responsables do coidado de aquilo que plantan, coma outros anos e en todos os centros “O monte nace na escola” apoiará esta actividade económicamente, coa doazón da planta que se decida plantar, sempre baixo o asesoramento e colaboración de Alejandra
É misión do centro organizar os traballos na horta, de forma que as nenas e nenos aprendan que os coidados deben ser continuos e non xornadas esporádicas pois cremos que é esta a única maneira de que adquiran ese vínculo que buscamos.
Por último lembrar que os fondos da conta “As Neves Zona 0” proceden principalmente de donativos de particulares, asociacións e empresas aos veciños das Neves tras os incendios, polo que é responsabilidade nosa velar que sexan invertidos da mellor maneira posible, e vos sabedes mellor que ninguén que non hai nada mellor que invertir que na educación das nosas nenas e nenosi
É importante tamén a publiciade destas accións, para dalas a coñecer, pero tamén para que os participantes vexan o seu traballo recoñecido, por eso agradecemos a colaboración no blog que está na páxina inicial do IES e para o que xa se vos enviou invitación para poder subir os contidos do que se vaia traballando no voso centro e poder mostrar todo o traballo realizado.
Contamos con vós para entre todos conseguir este fin último do proxecto “O monte nace na escola”, conseguir, pouco a pouco que os centros vaiades incluíndo no voso PAX, a educación medioambiental, todo nesta sociedade, vai e debe de ir en esa dirección e nós temos a sorte de contar cos medios, non desaproveitemos a oportunidade!
Agradecemos que vos poñades en contacto con Alejandra par fixar o calendario de actividades propostas.
Por suposto estamos coma sempre abertas a calquera proposta que consideredes interesante.
Apertas.