O monte nace na escola CS Infantil

O proxecto educativo ambiental “O monte nace na escola” que se desenvolveu no Ciclo Formativo de Grado Superior de Educación Infantil na EFA A Cancela, ten como eixo vertebrador e nome “A educación ambiental”. Tivo presenza durante este curso 2020-2021, pero continuará tamén o próximo, a través da posta en práctica dunha horta no propio centro.

Todo empezou cunha sesión explicativa da man de Alejandra González, Enxeñeira Técnica Agrícola, e directora deste proxecto, ao profesorado da EFA o 27 de xaneiro.

  • SESIÓN EXPLICATIVA

O 16 de abril, o alumnado recibiu una sesión explicativa por parte de Alejandra, onde se lles explicou en que consistía o proxecto e a labor que teñen eles como futuros docentes cativos, grandes descoñecedores na súa maioría do mundo rural.

  • ROTEIRO DE COÑECEMENTO DE ÁRBORES E PLANTAS DA ZONA

O 28 de abril fixemos un roteiro polas inmediacións do centro, ate chegar ao Nande Hotel da Natureza. De camiño coñecemos plantas medicinais e comestibles da zona, para poder darlles un uso diferente ao habitual, e incorporalas á nosa dieta diaria. O obxectivo de visitar o hotel foi descubrir a súa horta e xardíns, para recoller ideas de cara á posta en práctica da nosa.

  • ROTEIRO DE LIMPEZA E POSTA E RECICLAXE NA PROPIA AULA

Outra das actividades levadas a cabo foi a recollida de lixo que iamos atopando polo camiño, así como a súa clasificación. Xa no centro, o alumnado é o responsable da reciclaxe de residuos, en maior medida de papel, e tamén de depositalos cada semana unha persoa no contedor correspondente. Explicóuselles tamén a importancia das tres R “Reducir, reciclar e reutilizar”.

  • RECOLLIDA DE PLANTAS

Durante unha fin de semana, o alumnado recolleu as plantas que lles foran asignadas por sorteo, nun traballo que fixeron por parellas, para despois acabar facendo un traballo cooperativo consistente na elaboración dun herbario na aula durante tres sesións, logo de ter secas as plantas recollidas e indagando máis sobre as características e propiedades das mesmas, facendo un traballo moi atractivo visualmente, pero tamén moi completo e con moitos datos.

No próximo curso escolar seguiremos traballando para poder crear unha horta no centro.

CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

Plantación

As hortas comunitarias do centro , construídas polas familias e voluntarios do concellos, xa locen as súas hortalizas. Os alumnos e alumnas plantaron leitugas, allos,

Ler máis
EEI Rubiós

Mural

O logo do proxecto O monte nace na escola, loce no muro do patio da Escola Infantil de Rubiós. Un traballo colaborativo que os máis

Ler máis