O ALUMNADO DA RAMA DE ADMINISTRACIÓN DA EFA A CANCELA ESTUDA AS PROPIEDADES MEDICINAIS E GASTRONÓMICAS DAS PLANTAS DE AS NEVES E ELABORAN UN BLOG TEMÁTICO.
O alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participaron no Proxecto guiado por Alejandra González, enxeñeira agrícola e representante do programa “O Monte Nace Na Escola” do Concello de As Neves.
A través deste interesante proxecto puidemos lembrar por medio de diferentes actividades, a importancia da natureza que nos proporciona, entre outras moitas riquezas, multitude de plantas con propiedades gastronómicas e medicinais.
Ademais levamos a cabo o obxectivo de concienciala xuventude do valor do noso patrimonio natural, estudando especies autóctonas.
As actividades levadas a cabo foron:
–Mércores 7 (CM Xestión Administrativa) e 16 abril (CS Administración e Finanzas). Sesión de Introdución na que Alejandra González explicounos o desenvolvemento do Proxecto.
–Xoves 29 abril. Roteiro. Desde a EFA A Cancela ata o Hotel da Natureza Nande e visitando a Adega do Hotel Señorío de Rubiós, en As Neves, fixemos un roteiro onde os alumnos tiñan que ir identificando as diferentes plantas ao mesmo tempo que Alejandra explicaba as propiedades gastronómicas e medicinais de cada unha. Nesta actividade os alumnos do CM de xestión Administrativa anotaban as propiedades gastronómicas o os alumnos do CS as medicinais.
Antonio Méndez, propietario deste magnífico Hotel, permitiunos coñecer as instalacións deste magnífico proxecto, unha aposta próxima de proxecto rural sustentable en plena natureza.
Visitamos a horta ecolóxica do hotel, elaborada por Alejandra González.
Ana explicounos o día o día da Adega Señorío de Rubiós, as actividades de exportación e de Márketing, tanto nacional como estranxeiro, e o desenvolvemento das actividades administrativas en xeral.
–Venres 30 abril. Recopilación dos datos obtidos no roteiro elaborando unhas fichas dixitais e retocando fotografías e vídeos obtidos no roteiro.
–Luns 10 de maio. Elaboración dun Blog coa información recollida (fotos e vídeos das plantas e as súas propiedades).
Pablo Ares, informático da empresa N8 Comunicación impartiunos un curso aos alumnos de Administración onde aprenderon o manexo de WordPress, plataforma básica para a creación de páxinas web ao mesmo tempo que elaboraron un Blog con todo o contido recollido en relación ás plantas a ás súas propiedades usando de base as explicacións de Alejandra, Internet e o libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza”. De César Lema.


